Os amantes das motos clásicas teñen unha cita en Taboadela o vindeiro 27 de abril

OurenseXa
A Asociación Royal Classic Tab organiza a I Xuntanza de Motos Clásicas de Taboadela
xuntanza-motos-clasicas-taboadela
17 Apr 2025

A Asociación Royal Classic Tab organiza o vindeiro domingo, 27 de abril, a I Xuntanza de Motos Clásicas de Taboadela, un evento dirixido aos amantes deste tipo de vehículos e que promete ser unha xornada para gozar en familia e con amigos.

Os asistentes poderán ver como eran as motos máis antigas e como foron evolucionando ata o que son hoxe, nunha xornada que inicialmente íase celebrar o pasado 6 de abril e que, finalmente, foi aprazada.

Dende a organización animan a participar neste evento, que incluirá unha comida composta por mexillóns, carne ao caldeiro, postre, café e chupito. As inscricións, cun prezo de 25 euros por persoa, poden realzarse a través dos teléfonos 620 369 202 e 680 446 566.

⚙ Configurar cookies
0.17801594734192