Os autobuses urbanos que levan ás zonas termais aumentarán a súa frecuencia

A liña 5, Outariz - Reza - Ceboliño, oeste-leste, que ten unha frecuencia actual cada 40 minutos, pasará a ter unha frecuencia cada 30 minutos todos os días da semana, a partir do venres, día 2 de maio.
Deste xeito, ofrecerase un servizo ás Termas cada 30 minutos dende o centro da cidade todos os días laborais do ano e, ademáis, mellórase o servizo para os habitantes de Reza, Vistafermosa, O Couto, A Rabaza e Ceboliño. O primeiro autobús sairá de Outariz-Reza ás 6.45 horas da mañá e ás 7.00 horas dende Ceboliño.
As fins de semana tamén se mellora o servizo, xa que a liña 5 que actualmente dá servizo cada 80 minutos, pasará a ter un servizo cada 45 minutos os sábados, domingos e festivos. Este servizo será para os veciños das zonas antes citadas e para usuarios das termas.
Ademais, tamén as fins de semana e festivos, o tren bus Chuchú, liña 19, dará servizo turístico e de transporte ás termas de Outariz pola pista vermella cada hora. Este servizo comezará a funcionar este mesmo sábado, 26 de abril. Neste sentido, o Concello planea licitar o servizo exclusivo para ter en Ourense un tren de uso exclusivamente turístico.