Os canticontos con Getse Valenzuela volven á Biblioteca Municipal de Allariz
Os canticontos con Getse Valenzuela continúan este próximo mércores 12 de novembro na Biblioteca Municipal de Allariz, coa lectura musicalizada de “De sopas e covas”, ás 17:30 horas.
A proposta está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos e combinará contos, música e creatividade nunha sesión dinámica e chea de ritmo para os pequenos da casa.
Para participar, as familias interesadas poden inscribir aos seus fillos chamando ao 988 440 859 ou escribindo ao correo cultura@allariz.gal.