Os Cantos de Taberna volveron aos viños da man da Asociación Cultural A Maquinadora

OurenseXa
Os Relamidos, as Macizas Centrais, o Grupo Xolda e Netas do Arnoia enncheron de música o Casco Vello
hai-que-cantar
Imágenes de 'Hai que Cantar!'
31 May 2025

Ourense recuperou na noite deste vernes os Cantos de Taberna grazas ao labor da Asociación Cultural A Maquinadora, nunha noite que encheu de música tradicional a zona dos viños.

Ás 20.30 horas, a música comezou a sonar na Praza do Ferro, percorrendo algúns dos establecementos máis emblemáticos do Casco Vello, como o Bar Orellas, o bar O Sol ou o París.

As agrupacións participantes foron Os Relamidos, As Macizas Centrais, o Grupo Xolda e Netas do Arnoia.

⚙ Configurar cookies
0.11748194694519