Os centros de saúde de Valle Inclán e O Pereiro acollen unha charla sobre identidade transxénero
OurenseXa
O coloquio "A forza da identidade", tivo como obxectivo dar visibilidade á identidade transxénero
Charla
4 Apr 2024
O grupo de saúde comunitaria do centro de saúde Valle Inclán (Ourense) e do centro de saúde O Pereiro (Pereiro de Aguiar) impartiu na tarde de onte, mércores 3 de abril, unha charla coloquio baixo o título "A forza da identidade", que tipo como obxectivo principal dar visibilidade á identidade transxénero.
Para iso, contaron coa intervención da endocrinóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), Icíar Solanche, xunto a un paciente e un familiar que falaron da súa experiencia persoal.
A charla, moderada por un enfermeiro do Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar, tive lugar no Espazo Xove Ourense.