Os CIM da provincia de Ourense recibiron máis de 940.000 euros en axudas por parte da Xunta en 2025

OurenseXa
As axudas destináronse á promoción da igualdade e á prevenciónn daa violencia de xénero
Screenshot
Manuel Pardo visita o CIM de Verín
20 Jun 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o Centro de Información da Muller (CIM) da Mancomunidade da Comarca de Verín, acompañado do presidente, José Luís Suárez, un dos centros da provincia beneficiados da convocatoria de axudas do ano 2024 para a promoción da igualdade, ás que a Consellería de Política Social e Igualdade destinou 68.000 euros.

O delegado territorial fixo fincapé que os 17 CIMS da provincia de Ourense recibiron nesta orde de achegas máis de 940.000 euros, o que pon de manifesto o sólido compromiso do Goberno na promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Aproveitando a súa visita ao municipio, Manuel Pardo lembrou que a Xunta lanzou este ano a liña de apoio á rede de 84 CIM de Galicia, cun orzamento de 5 millóns de euros para financiar gastos de persoal, o que supón incremento do 13,6 % con respecto ao 2024. Con estas axudas apóiase este servizo de atención integral información e asesoramento ás mulleres e ás persoas LGBTI na que traballan máis de 200 profesionais.

Tamén subliñou que unha das novidades deste ano é que se aumentou a contía máxima de axuda que pode recibir os concellos cando a solicitude é individual, pasando dos 45.000 euros a 52.000 euros deste ano. No caso dos concellos de xestión compartida, a axuda máxima é de 120.000 euros.

O representante do Goberno galego agradeceu o labor que desempeñan a diario as profesionais destes centros e trasladou o compromiso da Xunta para seguir traballando na mellora do servizo e na atención ás mulleres que o precisan. Deste xeito, recalcou que esta é unha mostra máis do compromiso do Executivo galego na loita contra a violencia de xénero.

⚙ Configurar cookies
0.19179201126099