Os concellos ourensáns prepáranse para festexar o Día do Libro
O vindeiro mércores, 23 de abril, conmemórase o Día do Libro, un día adicado a fomentar a cultura a través da literatura e no que moitos concellos da comarca de Ourense participarán con diversas actividades enfocadas, sobre todo, aos máis pequenos.
O Concello de Barbadás é un dos máis comprometidos con esta data. Entre o 24 e o 25 de abril contará con diversos contactos para promover a lectura entre os máis cativos. Ademáis, o xoves 25 de abril haberá logos para o alumnado da Escola Infantil de Barbadás na Biblioteca Municipal. Pola súa banda, o sábado 27 de abril festexarase unha ruta literaria adicada á autora Mª Oruña e titulada "O souto dos catro ventos".
No concello de Taboadela, o mércores 23 de abril terá lugar una contada na Biblioteca Municipal, ás 17.30 horas, con Rita Doallo, vecina de Taboadela e autora de "Bigote de tres pelos".
Celanova, pola súa conta, organiza o espectáculo musical "Caderno de cores e cancións", o día 23 ás 17.30 horas, no Auditorio Municipal Ilduara da man de Magín Blanco e organizado pola Biblioteca Municipal.
Ademais, dende o Concello de Esgos, celebrarán este día liberando libros en diferentes puntos do concello para achegar a lectura a un maior número de veciñas e veciños.