Os contacontos de verán volven este luns ás bibliotecas municipais de Ourense
OurenseXa
Este luns 15 de xullo, ás 11.00 horas, terá lugar o contacontos “Uxía e o garabato” na Explanada de San Francisco
Imaxe dunha biblioteca
14 Xul 2024
As bibliotecas municipais do Concello de Ourense están a acoller durante todo o verán diversos espectáculos de contacontos
Esta actividade, organizada polo Concello en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a lectura entre a rapazada da cidade e achegala ás bibliotecas municipais. Para asistir, nenas e nenos poden inscribirse, persoal ou telefonicamente, nas propias bibliotecas.
A programación, que arrancou a principios do mes de xullo, continúa este luns, 15 de xullo, ás 11.00 horas co contacontos “Uxía e o garabato” na Explanada de San Francisco.