Os Encontros de Teatro Afeccionado de Vilamarín continúan este sábado coa función ‘Deus non quere calderilla’
O concello de Vilamarín está a acoller, dende o pasado 14 de decembro, os seus “Encontros de Teatro Afeccionado”. Durante un total de sete sábados, ata o 8 de febreiro, o Auditorio Municipal de Vilamarín acolle una serie de representación teatrais entre as que xa estiveron ‘4 corazones con freno y marcha atrás’, de Delatoute Prod, ‘Pingueiros’, do grupo de teatro de Vilamarín, e ‘Escándalo’s Club’, de Esteta Teatro.
Este sábado, 18 de xaneiro, será a quenda da compañía The-Sastre Teatro, que presentará a súa comedia ‘Deus non quere calderilla’, dirixida a todos os públicos.
A seguinte representación será ‘Arritmia’, de Orteiro Teatro, que terá lugar o sábado 25 de xaneiro, mentres que os días 1 e 8 de febrerio será o turno de ‘Pela Loba’, de Coles Teatro, e ‘Aquí non paga ninguén’, do grupo de Teatro de Vilamarín.