Os escolares de Ourense inauguran o Entroido de 2026 coa tradicional batalla de Compadres e Comadres

OurenseXa
Preto de 200 alumnos e alumnas de 1º a 4º de Primaria dos colexios Vistafermosa, Mestre Vide, Irmáns Villar, As Mercedes e O Couto protagonizou os tradicionais xogos do Xoves de Compadres e Comadres
loita-de-mecos-comadres-compadres-entroido-ourense
12 Feb 2026

Preto de 200 escolares de Primaria de cinco colexios da cidade participaron esta mañá na celebración do Xoves de Compadres e Comadres, organizado polo Concello na Praza Maior, actividade que deu o pistoletazo de saída á programación do Entroido de Ourense 2026.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Educación, Tamara Silva, deron a benvida aos participantes e animáronos a gozar das diferentes actividades infantís que se desenvolverán nos próximos días, entre as que destacan os concertos de Oviravai o sábado 15, Uxía Lambona o luns 17 e DJ Tibu o martes 18.

O alumnado de 1º a 4º de Primaria dos colexios Vistafermosa, Mestre Vide, Irmáns Villar, As Mercedes e O Couto protagonizou os tradicionais xogos do Xoves de Compadres e Comadres. Nunha primeira quenda, as nenas defenderon as súas figuras fronte aos intentos dos nenos de facérselas súas, e logo foi o turno dos nenos como protectores das súas figuras fronte ás nenas.

⚙ Configurar cookies
0.077254056930542