Os Farrumecos de Sobradelo sairán este sábado a pesar do temporal

O programa comezará ás 12.00 horas coa estrea da Rinchona e a saída a Busteliño
XUNQUEIRA DE AMBIA entroido bus
23 Jan 2026

O Entroido dos Farrumecos de Sobradelo celebrarase este sábado, 24 de xaneiro, tal e como estaba previsto, a pesar do temporal de neve. O programa combina tradición, percorridos pola aldea e actividades para gozar da festa durante todo o día. A organización ofrece tamén servizo de autobús para facilitar a asistencia desde Ourense e Allariz.

O programa comezará ás 12.00 horas coa estrea da Rinchona e a saída a Busteliño, cun percorrido pola aldea e visita ás casas. Ás 14.00 celebrarase o xantar de cocido de Entroido. Pola tarde, ás 17.00, haberá saída por Sobradelo, tamén con ruta e visitas, e ás 20.00 está prevista a entrega de premios, antes de continuar coa festa rachada ata que o corpo aguante.

⚙ Configurar cookies
0.10029315948486