Os GES da provincia de Ourense recibirán unha inxección de 1,5 millóns

A Deputación de Ourense, no pleno celebrado o pasado venres, ratificou o convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as deputacións galegas en materia de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) no período 2025-2027.
Mediante este convenio, todas as partes acordan apoiar o funcionamento dos GES de tal xeito que complementen a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e comarcais, que tal que cubran zonas desprovistas de servizos de emerxencia cun ámbito superior ao municipal.
Para o financiamento dos GES na provincia de Ourense, a Deputación destinará 1,5 millóns de euros durante varias anualidades.