Os grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS celebran este sábado a súa Festa Infantil de Reis

OurenseXa
A actividade terá lugar o 10 de xaneiro de 11.15 a 13.00 h e incluirá xogos cooperativos e un intercambio final de agasallos
OURENSE festa reis
10 Jan 2026

A rapazada dos grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS, xunto cos seus amigos e amigas, celebrará este sábado 10 de xaneiro a súa particular Festa Infantil de Reis cunha mañá chea de actividades.

A proposta está deseñada como unha pequena aventura: as nenas e nenos terán que superar unha serie de xogos para axudar aos Reis Magos a conseguir recursos cos que poder regresar a Oriente despois de repartir os agasallos. A dinámica busca fomentar o traballo en equipo e a participación de todo o grupo, convertendo a celebración nunha experiencia compartida.

Como peche da xornada, as e os participantes intercambiarán agasallos entre eles e elas, rematando a festa cun momento de convivencia para celebrar o día de Reis todos xuntos. O horario previsto é de 11.15 a 13.00 h.

⚙ Configurar cookies
0.081618070602417