Os maios volven encher Ourense de cor este domingo
Un ano máis, Ourense celebra a tradicional Festa dos Maio, cun domingo cheo de actividades e de música. Os maios exporanse ao público na rúa do Paseo, onde tamén se cantarán as coplas. As principais novidades da programación deste ano son a confección dunha alfombra floral, un obradoiro de coroas e colares para nenas e nenos, e un concerto de fados, a cargo de María do Ceo, que terá lugar ás 20.00 horas, na Praza Maior.
A confección da Alfombra Florar comenzará a primeira hora da mañá, en torno ás 8.30 horas, por parte da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.
As 10.30 horas, os máis cativos poderán asistir a un obradoiro onde aprenderán a confeccionar coroas e collares.
Xa sobre as 11.00 horas da mañá poderá observarse o atractivo principal desta xornada, a exposición dos maios. Á mesma hora comezará unha ruada musical de xigantes e cabezudos acompañados de gaiteiros. Ás 12.00 horas, ao pé dos maios, comezará o canto de coplas.
Pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar a entrega de premios aos melhores maios e coplas na Praza Maior. Un ano máis, o Concello premiará a través dun concurso as mellores coplas e maios que participen nesta edición desta tradicional festa, declarada de interese turístico, que lle dá a benvida á primavera. Outorgaranse premios aos 3 mellores maios artísticos, enxebres e infantís e un premio ao mellor maio creativo (categoría que se recupera este ano). Tamén haberá galardóns ás 3 mellores coplas nas categorías de persoas adultas e infantil. Todos os maios presentados recibirán tamén unha axuda por participar.
Con motivo da previsión de chuvia, as actividades da Festa de Os Maios de 2024 terán lugar nos soportais da Praza Maior, onde tamén se instalará unha carpa