Os mellores pilotos de rally a nivel nacional citaranse en Ourense o vindeiro mércores

OurenseXa
Javier Pardo, Cohete Suárez, David de la Puente e Alberto Iglesias darán unha charla no Paco Paz
charla-rally-ourense
5 Jun 2025

O Pazo Paco Paz albergará o vindeiro mércores unha cita moi especial para a afección ourensá ao mundo do motor: unha charla coloquio cos pilotos e copilotos de rally máis relevantes a nivel nacional e europeo. Así, Javier Pardo, Cohete Suárez, David de la Puente e Alberto Iglesias.

Ademáis, tamén se presentará a nova imaxe do Skoda de Javier Pardo, o piloto ourensán cunha extraordinaria traxectoria a nivel nacional e europeo ao que a Deputación patrocina.

Unha vez finalizada a charla coloquio, os pilotos e copilotos firmarán tarxetas e gorras a todas as persoas asistentes que así o soliciten. Este evento será tamén retransmitido por streaming na canle de youtube da Deputación.

O palmarés de Javier Pardo é o seguinte: Campión de España Júnior Asfalto (2017 e 2018); campión de España Júnior Terra (2016, 2018 e 2019); campión de España 2RM Terra. (2016); campión de España 2RM Asfalto. (2017); subcampión de España Terra (2018 e 2019); campión categoría R4 España (2020); campión de Europa categoría ERC2 (2021); subcampión de Europa (2022).

O palmarés de Cohete Suárez é o seguinte: foi campión do Campionato de España de Rally de Terra en 2017 e 2023; da Volant Peugeot de Francia en 2015; subcampión da Academia WRC en 2012 dúas veces campión do Súper Campionato de España de Rally en 2021 e 2023, e medallista de ouro nos Motorsport Games de a FIA de 2024. Ademais, foi o gañador do Rally de Ourense nas súas últimas dúas edicións.

⚙ Configurar cookies
0.21253490447998