Os museos de Allariz modifican os seus horarios durante o mes de agosto

O Concello de Allariz informa de modificacións nos horarios de apertura dos seus museos durante o mes de agosto.
Durante este período, os museos abrirán de martes a xoves en horario de mañá, entre as 11:00 e as 14:00 horas. Os venres e sábados permanecerán abertos en horario de mañá e de tarde, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas. Os domingos tamén abrirán pola mañá, entre as 11:00 e as 14:00 horas. Os luns os tres museos permanecerán pechados.
Os cambios afectan ao Museo Galego do Xoguete, ao Museo do Coiro e ao Museo da Moda
Desde o Concello animan á veciñanza e visitantes a achegarse a estes espazos para coñecer mellor “a historia, a tradición e a creatividade” presentes na oferta museística local.