Os Museos de Allariz reabren as súas portas ao público

OurenseXa
Poderán visitarse os sábados, domingos e festivos en horario de mañá e de tarde
Museo da Moda de Allariz
Museo da Moda de Allariz
5 Mar 2026

Os museos municipais de Allariz retoman a súa actividade tras varias semanas de descanso para continuar ofrecendo á veciñanza e aos visitantes un espazo de encontro coa historia, a cultura e as tradicións locais. O público poderá visitar os museos os sábados, domingos e festivos, en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas e de tarde de 17:00 a 19:00 horas.

A entrada individual terá un prezo de 2 euros, mentres que o bono para acceder aos tres museos custa 3 euros. O acceso será gratuíto para as persoas titulares da Tarxeta Cidadá e para menores de catro anos. O Concello de Allariz invita a toda a cidadanía a achegarse e redescubrir o patrimonio cultural do municipio.

0.12862181663513