Os museos ourensáns prepáranse para festexar o Día dos Museos
A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o sábado 18 de maio.
O Consello Internacional de Museos propón para celebralo o lema Museos pola educación e a investigación ao que a programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude se suma con visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos.
Malia que haberá actividades ao longo desta semana, o epicentro da programación desenvolveranse durante a fin de semana dos días 18 e 19 de maio. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego.
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Na cidade de Ourense, o Museo Arqueolóxico Provincial leva activado desde o 10 de maio
unha serie de obradoiros para escolares que se desenvolverán ata o 24 de maio sobre o
patrimonio. O mesmo 18 de maio organizaranse dous talleres sobre arqueoloxía
experimental, ás 12.00 e 18.00 horas, centrados na Idade de Bronce.
Museos Etnolóxico de Ribadavia
O Museo Etnolóxico de Ribadavia tamén deu comezo aos festexos do Día dos Museos o
pasado venres cun concerto, ao que lle seguirán a partir do mércores, día 15, unha serie
de actividades en colaboración co Museo Nacional de Artes Decorativas de Kíiv, unha
delas consistirá na apertura ao público neste centro museístico dunha mostra procedente
deste museo etnolóxico con reproducións dalgunhas obras da colección de pintura
Abrente.
A estas accións sumaráselle, o 25 de maio, unha saída de visita á Colección Museográfica
Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria, en Láncara (Lugo) e a Domus do
Mitreo, en Lugo.