Os nacionalistas piden medidas para limitar o impacto da ZBE na cidade de Ourense

OurenseXa
Piden aplicar as medidas contidas no PMUS e reducir drasticamente o número de vehículos que entran na cidade, pero consideran que a delimitación da ZBE provoca “un agravio comparativo evidente entre as persoas que teñen máis recursos de aquelas que teñen menos”
Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense
Luis Seara
23 Jun 2025

O pasado 19 de xuño, a Xunta de Goberno Local acordou a modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ourense co obxecto de introducir nel un novo apartado que lle dea cabida ás ZBE. En dita proposta establécese que a delimitación da Zona de Baixas Emisións Ourense Centro se realice a partir da delimitación da nova améndoa, delimitada polas rúas Celso Emilio Ferreiro, ao norte, e a rotonda da Mariñamansa, ao sur, polas rúas Progreso e Avenida de Zamora, ao oeste, e polas rúas Emilia Pardo Bazán, Pena Trevinca e Nosa Señora da Saínza, ao leste.

A delimitación da ZBE Ourense Centro limtaríase só a unha parte deste amplo espazo peonil previsto no PMUS de 2019, circunscribíndose ao casco histórico e o centro moderno, entre as rúas Habana e A Coruña e mantendo os lindeiros occidental e oriental previstos no PMUS é dicir, as rúas Progreso, Pena Trevinca e Emilia Pardo Bazán, respectivamente.

Entendendo que a área delimitada abrangue a rúas que actualmente actúan como arterias principais para o tráfico rodado, é dicir, rúa da Coruña, Habana, Progreso, Pena Trevinca e Emilia Pardo Bazán e polo tanto como arterias principais para a mobilidade da cidade no seu conxunto, desde a formación nacionalista consideran que “a delimitación da ZBE Ourense centro debera quedar exclusivamente limitada á zona histórica”.

Segundo o Portavoz do BNG no Concello Luís Seara, “debemos camiñar cara o obxectivo de que a cidade sexa, toda ela, unha ZBE pero non por delimitar zonas de exclusión en función do tipo de vehículos, xa que iso provoca un agravio comparativo evidente entre as persoas que teñen máis recursos de aquelas que teñen menos, senón pola redución drástica do número de coches que penetran cada día na cidade”.

Para Seara, “dita redución soamente será posible cun transporte público eficaz, eficiente e vertebrador así como pola implementación das medidas contempladas no propio PMUS coma poden ser, por exemplo, os aparcadoiros disuasorios”.

⚙ Configurar cookies
0.19185614585876