Os nenos da Asociación Xuvenil Amencer participaron este sábado no Parlamento infantil

OurenseXa
A actividade estivo guiada polo deputado provincial, Jorge Pumar, que guiou aos rapaces polo Salón de Plenos da Deputación de Ourense
parlamento-infantil-amencer
24 Nov 2025

Os nenos da Asociación Xuvenil Amencer participaron este sábado no Parlamento infantil, unha actividade que estivo guiada polo deputado provincial Jorge Pumar destinada a que os máis novos coñezan de primeira man como funciona a Deputación de Ourense. Durante a visita, Pumar guiou aos rapaces polo Salón de Plenos, explicando o seu uso e a súa importancia dentro da actividade institucional.

A proposta, de carácter divulgativo e participativo, pretende achegar o labor das administracións públicas á mocidade, permitindo que comprendan mellor cuestións como o funcionamento dos plenos provinciais ou o papel da Deputación no apoio aos concellos da provincia. Pumar respondeu ás preguntas dos asistentes e destacou o papel da Deputación como “o concello dos concellos”, subliñando a súa función de coordinación e cooperación cos municipios ourensáns.

⚙ Configurar cookies
0.07384991645813