Os nenos da Aula Concilia Verán de Pereiro de Aguiar participaron nunha actividade de educación viaria

OurenseXa
Os máis pequenos coñeceron o funcionamento dos diferentes vehículos e normas básicas de seguridade dan man da DGT
aula-concilia-veran-dgt-pereiro-de-aguiar
Participantes da Aula Concilia Verán do Concello de Pereiro de Aguiar
11 Jul 2025

O Concello do Pereiro de Aguiar celebrou unha nova sesión de educación viaria dentro da programación da Aula Concilia-Verán, unha iniciativa na que, como en anos anteriores, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) ofreceu unha charla a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

A actividade contou coa presenza de Estrella, representante da Garda Civil de Tráfico, que explicou aos máis pequenos o funcionamento dos diferentes vehículos e normas básicas de seguridade. Ademais de aprender, os rapaces tiveron a oportunidade de practicar coas súas bicicletas e patinetes no circuíto que Protección Civil instalou no patio exterior do CEIP Ben Cho Shey.

Desde o Concello quixeron agradecer especialmente á Garda Civil de Tráfico a súa implicación e disposición para impartir estas sesións, que contribúen a concienciar ás novas xeracións sobre a importancia da seguridade viaria. Tamén destacaron o traballo e dedicación dos voluntarios de Protección Civil, que fixeron posible unha xornada lúdica e educativa para todos os participantes.

⚙ Configurar cookies
0.16491794586182