Os nenos e nenas de Celanova viaxaron dende a Aula Cemit ata Laponia para falar con Papá Noel
OurenseXa
A través dunha videochamada, os máis pequenos da vila puideron compartir saúdos, facer as súas peticións e desfrutar de risas xunto a Papá Noel

25 Dec 2025
Os nenos e nenas de Celanova viviron unha experiencia especial ao conectar en directo desde a Aula Cemit co propio Papá Noel en Laponia. Os pequenos do Colexio Público Curros Enríquez, puideron compartir saúdos, facer as súas peticións e desfrutar de risas nun momento cargado de ilusión e maxia.
Do mesmo xeito, no Colexio Sagrado Corazón tamén se realizou unha videochamada con Papá Noel, onde a emoción e o espírito do Nadal estiveron presentes durante toda a conexión, achegando aos máis pequenos a maxia destas datas.