Os nenos e nenas de Coles, Amoeiro e A Peroxa celebraron unha festa conxunta de Entroido

OurenseXa
O alumnado do CEIP Roberto Blanco Torres, do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, do CPI Plurilingüe Antonio Faílde e da Casa Nido Os Poliños, así como a Asociación Aspanas e o Centro de Día de Coles compartiron unha xornada de diversión
entroido-escolares-coles-a-peroxa-amoeiro
17 Feb 2026

Coles acolleu o pasado venres unha festa de Entroido conxunta cun gran desfile no que participaron nenos e nenas de Amoeiro, A Peroxa e Coles.

Os nenos e nenas do CEIP Roberto Blanco Torres, do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, do CPI Plurilingüe Antonio Faílde e da Casa Nido Os Poliños, así como a Asociación Aspanas e o Centro de Día de Coles, sumaron forzas nunha tarde chea de música disfraces e creatividade na que maiores e pequenos de distintos concellos desfrutaron das celebracións do Entroido.

⚙ Configurar cookies
0.086075067520142