Os nenos e nenas de Ourense aprenden sobre arqueoloxía coa actividade ‘Arqueocampo’

OurenseXa
Esta nova proposta, incluída no programa educativo Coñece a túa Cidade, desenvolverase ata o día 11 de abril e contará coa participación duns mil nenos e nenas
arqueocampo-concello-ourense
Arqueocampo, imaxe do Concello
17 Mar 2025

A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciou esta semana unha nova actividade para escolares: "Arqueocampo", unha experiencia que converte durante 2 horas ao alumnado de 6º curso de Primaria en verdadeiros arqueólogos e arqueólogas. A concelleira de Educación, Tamara Silva, visitou o inicio da actividade, que se leva a cabo no anexo do Auditorio.

Arqueocampo é unha ferramenta de interacción entre o mundo científico e a sociedade que permite a participación e a implicación directa de nenos e nenas no traballo científico e investigador, ademais de ser un canal innovador para divulgar a cultura científica en arqueoloxía e patrimonio.

Esta nova proposta, incluída no programa educativo Coñece a túa Cidade, desenvolverase ata o día 11 de abril e contará coa participación duns mil nenos e nenas.

⚙ Configurar cookies
0.19690608978271