Os nenos e nenas do CEIP Filomena Dato axudaron a plantar novas árbores na Valenzá

OurenseXa
Participaron medio cento de nenos e nenas de entre 5 e 9 anos co gallo do Día da Árbore
dia-da-arbore-barbadas
Alumnado do CEIP Filomena Dato nunha actividade polo Día da Árbore
30 Mar 2025

Dende esta semana, A Valenzá conta con novas árbores grazas ao traballo dos máis pequenos e pequenas do CEIP Filomena Dato, que axudaron a plantar novas especias para conmemorar o Día da Árbore.

A actividade estivo impulsada pola Concellería de Educación e a Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Barbadás, e contou coa participación de medio cento nenos e nenas de entre 5 e 9 de anos deste centro de ensino, que aprenderon os pasos a seguir para plantar e coidar das árbores.

Dende o Concello agradeceron a colaboración das profesoras e profesores do colexio, así como aos operarios de Parques e Xardíns, que supervisaron e axudaron ao alumnado nesta actividade.

⚙ Configurar cookies
0.043576002120972