Os obradoiros ‘Contos, música e danza’ regresan este sábado a Allariz

O Concello de Allariz organiza unha nova sesión do obradoiro ‘Contos, música e danza’, dirixido a nenas e nenos de entre 2 e 6 anos. A actividade celebrarase o sábado 17 de xaneiro e estará impartida por Getsemaní Valenzuela.
A sesión propón un espazo creativo no que as persoas participantes poderán gozar da música, dos contos e da danza a través do movemento, da expresión e do xogo. A actividade desenvolverase no segundo andar do Fogar dos Maiores, con dous horarios dispoñibles: de 11:00 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:00 horas.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través dos teléfonos 988 554 059 ou 638 614 691.