Os Obradoiros de Memoria regresan a Barbadás

OurenseXa
Desenvolveranse nos locais sociais de Loio, Piñor, Sobrado do Bispo, Betrances e A Valenzá
pezas-puzzle-memoria-taller-maiores
15 Jan 2026

O Concello de Barbadás inicia a vindeira semana unha nova edición dos Obradoiros de Memoria, que chegarán aos locais sociais deste concello co obxectivo de mellorar o funcionamento cognitivo e mellorar a calidade de vida dos maiores.

As actividades comezarán a vindeira semana e desenvolveranse nos locais sociais de Loiro (os luns de 16.00 a 17.30 horas), Piñor (os venres de 16.00 a 17.30 horas), Sobrado do Bispo (os xoves entre as 16.00 e as 17.30 horas), Betrances (os xoves entre as 18.00 e as 19.30 horas), e A Valenzá (os martes de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.00 horas).

As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar as súas inscricións a través da Área de Servizos Sociais, ou por teléfono, chamando ao 988 393 168.

As actividades están organizadas polo Concello de Barbadás en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAOR) e a Fundación Dorzán.

⚙ Configurar cookies
0.080915927886963