Os obradoiros infantís de Nadal continúan en Allariz

Os obradoiros infantís de Nadal continúan en Allariz este venres, 26 de decembro, coa actividade “Crea a túa postal de Nadal”. Ademais, o luns 29 terá lugar o obradoiro “Árbores de Nadal”. Ambos están dirixidos a nenos e nenas a partir de 6 anos e desenvolveranse no pavillón do IES, en horario de 11:30 a 13:30 horas.
Para participar, é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura, tendo en conta que o número máximo de participantes é de 40. Desde o Concello Allariz convidan a todas as familias a sumarse a estas actividades para crear, xogar e celebrar o Nadal en confraternidade coa veciñanza.