Os Peares celebra esta fin de semana a primeira Festa sen Fronteira

OurenseXa
O grupo Montreal, Bandiños Band, La Tremeda e Pili Pampín serán os encargados de poñer a música
festa-os-peares-sen-fronteiras
28 May 2025

A localidade dos Peares, na Peroxa, celebrará esta fin de semana a súa primeira Festa sen Fronteiras, unha cita na que non faltarán a música, a gastronomía e o bo ambiente.

A festa arrancará o venres, 30 de maio, cunha churrascada popular ás 21:00 horas, seguida dunha verbena a cargo do grupo Montreal, ás 23:00 horas.

O sábado, 31 de maio, a festa comezará xa ao mediodía cunha alborada coa charanga Bandiños Band e unha sesión vermú, a partir das 13:00 horas. Pola noite, ás 22:30 horas, actuará o grupo La Tremenda e, posteriormente, Pili Pampín dará un concerto.

A festa rematará o domingo cunha sesión vermú e unha pulpada a partir das 13:000 horas.

⚙ Configurar cookies
0.15935897827148