Os Reis Magos percorrerán as rúas de Taboadela este domingo

OurenseXa
Tamén haberá unha festa con inchables no Pavillón Municipal, onde terá lugar a recepción oficial
reis-magos-cabalgata
31 Dec 2025

O domingo 4 de xaneiro, os Reis Magos visitarán Taboadela cun percorrido polas rúas da vila que comezará ás 16:30 horas na Estación de tren de Taboadela – Veredo.

A celebración inclúe unha festa con inchables no Pavillón Municipal, onde terá lugar a chegada e recepción dos Reis Magos. Durante o percorrido, haberá paradas especiais na Residencia de Maiores de Taboadela ás 17:00 horas e na Praza do Concello ás 17:30 horas.

A xornada rematará cunha chocolatada ás 18:15 horas no pavillón. Os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións.

⚙ Configurar cookies
0.054574012756348