Os Reis Magos percorrerán Barbadás o sábado cunha ruta por parroquias dende as 16.00 horas

OurenseXa
As Súas Maxestades visitarán distintos núcleos do concello ao longo da tarde, con paradas programadas entre Santa Uxía e Loiro
BARBADAS reis magos
3 Jan 2026

Barbadás ultima a recta final do Nadal coa visita das Súas Maxestades. O Concello anunciou que Melchor, Gaspar e Baltasar sairán o sábado 3 de xaneiro a percorrer as parroquias e núcleos do municipio, nun itinerario pensado para que as familias poidan saudar aos Reis sen ter que desprazarse fóra do concello.

A ruta comezará ás 16.00 horas en Santa Uxía e continuará por diferentes puntos ao longo da tarde: Piñor (16.15 h), Parada (16.30 h), Finca Fierro (16.50 h), Fonsillón (17.15 h), Paseo dos Amieiros número 3 (17.30 h), Rotonda da Familia (18.00 h), As Lamas (18.30 h), Barbadás (18.50 h), Pontón (19.20 h), Sobrado do Bispo (19.35 h), Bentraces (19.55 h), ata rematar en Loiro (20.15 h).

Dende o Concello animan ás familias a facer un oco na axenda e participar nunha tarde que busca achegar a ilusión do Nadal a todo o territorio municipal.

⚙ Configurar cookies
0.080121994018555