Os roteiros de primavera pola Peroxa remataron este domingo cun gran éxito de participación

O Concello da Peroxa organizou ao longo deste mes de maio un total de catro roteiros de primavera por distintos puntos do municipio, que remataron este domingo cun notable éxito de participación.
As actividades comezaron o 4 de maio cun roteiro por Turbisquedo, e continuaron cunha ruta por Toubes o día 11, pola Peroxa o 18 de maio e, finalmente, por Celaguantes.
A través destas rutas, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer diferentes parroquias do concello, así como o seu patrimonio natural, nunhas xornadas marcadas pola convivencia veciñal, o deporte e o contacto coa natureza.