Os roteiros temáticos de Allariz continúan en xuño cunha visita ao Castelo

OurenseXa
A visita ofrecerá aos participantes a oportunidade de descubrir os segredos e a historia deste lugar
presentacion-roteiros-tematicos-allariz-2025
Imaxe da presentación dos Roteiros Temáticos de Allariz de 2025
26 May 2025

A Área de Promoción Económica e Turismo do Concello de Allariz está a levar a cabo este 2025 unha nova edición dos Roteiros Temáticos, unha serie de visitas que buscan ofrecer unha experiencia única e enriquecedora tanto aos visitantes como aos residentes da localidade.

A proposta busca poñer en valor a riqueza cultural, histórica e patrimonial de Allariz, un dos destinos máis emblemáticos de Galicia.

Un dos puntos máis atractivos desta edición será a visita ao Castelo de Allariz, un dos emblemas históricos da vila. Esta visita ofrecerá aos participantes a oportunidade de descubrir os segredos e a historia deste importante espazo, que destaca polo seu valor arquitectónico e a súa conexión coa historia medieval de Allariz.

A visita terá lugar o vindeiro 7 de xuño dende a Oficina de Información de Allariz, ás 20.00 horas. O prazo para anotarse xa está aberto a través do correo electrónico turismo@xeitura.com ou por teléfono, no 609 474 976.

⚙ Configurar cookies
0.16674613952637