Os socialistas arrancan a campaña para as Europeas co progreso social no eixo das súas propostas

OurenseXa
Os socialistas ourensáns comenzaban a campaña para as eleccións ao Parlamento de Europa pedindo unha Europa máis verde, máis feminista e que loite pola paz en todo o mundo
Os socialistas ourensáns arrancan a campaña para as Eleccións Europeas
24 Maio 2024

Os socialistas ourensáns comezaban esta medianoite a campaña para as eleccións ao Parlamento Europeo defendendo "un proxecto para que España siga liderando os avances en Europa, e cunha candidatura sólida liderada por Teresa Ribera".

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense, Lorena Guerra Vigo, defendía así a candidatura da actual vicepresidenta tercera do Goberno de España, á que define como “unha muller comprometida cos valores e coas políticas socialdemócratas, pero ademáis unha líder recoñecida en campos como son a transición ecolóxica, a loita contra o cambio climático e a enerxía".

"Os socialistas levamos por lema ‘Máis Europa’ porque queremos que o progreso social, económico e medioambiental vaian da man, porque queremos unha Europa máis feminista, unha Europa máis verde, unha Europa que loite pola paz en todo o mundo", defendeu Guerra.

"Queremos que España siga sendo un país referente e influinte no ámbito internacional. E para isto imos percorrer a provincia de punta a punta, trasladando a mensaxe socalista a toda a veciñanza".

 

0.089890003204346