Os socialistas da cidade de Ourense aproban as emendas ao relatorio marco e estatutos para o V Congreso Provincial

A agrupación municipal do PSdeG de Ourense celebrou este luns pola tarde unha Asemblea Extraordinaria para a presentación, debate e votación de emendas ao relatorio marco e aos estatutos provinciais, de acordo coas bases e convocatoria do V Congreso Provincial. A militancia socialista propuxo case medio centenar de propostas que contribúen a mellorar os documentos definitivos de cara á cita congresual.
Ademais, cabe lembrar que o pasado 27 de abril xa rasultara aprobada a lista consensuada de 25 de delegados e delegadas que representarán á cidade, do total de 91 que participarán activamente nesta cita.
Así as cousas, a delegación de Ourense capital queda conformada por:
- Diego Alonso de Abel
- Natalia González Beneítez
- José Ramón Fernández Morgade
- Rosa Martínez Rodríguez
- Federico Pérez Mato
- Margarita Martín Rodríguez
- Antonio Blanco Rodríguez
- Uxía Tizón Vázquez
- Daniel Pereira Heras
- Carmen Rodríguez Dacosta
- Xosé Loís Carrión González
- Noelia Vila Seijas
- Antonio Paradela Blanco
- María Fernández Ojea
- Francisco Javier Quintas Ferreño
- Katia Ferreira Gómez
- Benito Pérez Peña
- Erica Conde Vázquez
- José Ángel Carreira Martín
- Amparo Dosantos Nogueira
- David Valderas Domarco
- Edith Filgueira Rodríguez
- José Luis Regal Lamelo
- María del Carmen Yáñez Pérez
- Antonio Rodríguez Rodríguez
Suplentes:
- María Teresa Ansías Bacelar
- Daniel Fernández Rodríguez
- Olalla Meiriño López