Os socialistas da Peroxa denuncian o estado das estradas municipais

A Agrupación Socialista da Peroxa vén de denunciar o mal estado das estradas municipais neste concello e instan ao goberno municipal a tomar medidas ao respecto.
Alertan da situación de inmobilismo por parte do Concello e lembran que non se está a facer “absolutamente nada” pese ao “bo tempo” que, segundo habería apuntado o goberno municipal, era a condición para comezar as obras de mellora nas estradas.
Ademais, advirten de que en determinados lugares, a maleza “fai intransitables os accesos” e apuntan ao perigo que isto supón “non só para os vehículos, senón para peóns pola escasa ou nula visibilidade”.