Os socialistas da Peroxa denuncian “retrasos” na apertura das piscinas municipais

OurenseXa
Apuntan directamente á “falta de previsión” por parte do alcalde e do seu equipo de goberno que, din “seguen desaparecidos da xestión municipal”
piscina-a-peroxa-pechada
27 Jun 2025

O PSdeG-PSOE da Peroxa denuncia que, “un ano máis”, a piscina municipal abrirá con retraso. Fai unhas semanas, os socialistas presentaran unha petición ao Concello para que iniciara o procedemento de selección dos socorristas para poder abrir as instalación co fin, explican, de “evitar os retrasos de anos anteriores que mesmo chegaron a ir ata o 5 ou 7 de xullo”.

Porén, pese a terse solucionado este problema hai xa dúas semanas, a piscina segue pechada e a medio encher. Unha situación que, denuncian, perxudica enormemente á veciñanza tendo en conta as altas temperaturas que se están a experimentar en toda a provincia dende hai xa vairas semanas e que superan os 35 grados na maioría das xornadas.

Os socialistas apuntan directamente á “falta de previsión” por parte do alcalde e do seu equipo de goberno que, din “seguen desaparecidos da xestión municipal”. Ademais, insisten en que esta situación non é nova e que vense repetindo en anos anteriores. Así, din, a piscina permanece aberta en setembro “incluso con mal tempo”, pero non cando empeza o calor.

⚙ Configurar cookies
0.19793510437012