Os socialistas da Peroxa piden ampliar os servizos da ludoteca móbil

OurenseXa
Denuncian que só 15 concellos da provincia gozan deste servizo
ludoteca-mobil-da-deputacion-de-ourense
31 Jul 2025

O PSdeG-PSOE da Peroxa denuncia que o concello volveu a quedar fora este verán do servizo de Ludoteca Mobil da Deputación de Ourense e esixe ampliación deste servizo por parte daa institución provincial a todos os concellos da provincia interesados en prestalo.

Os socialistas aseguran que “o custe é mínimo e a repercursión e diversión no territorio è importante” e lembran que só 15 concellos da provincia benefícianse del.

Solicitan ademais ao equipo de Goberno “máis dilixencia para solicitar esta actividade”. Servizos como este, din “son os nosos nenos e nenas necesitan”, e afean ao executivo local a falta de programación cultural e de lecer durante o verán.

⚙ Configurar cookies
0.18250417709351