Os socialistas de Ourense esixen o comezo da reforma do campo de fútbol de Palmés

OurenseXa
Lembran as e os edís socialistas que, no recente mes de maio, se aprobou a modificación de crédito necesaria para levar a cabo as mencionadas obras
Concello de Ourense
26 Ago 2024

Despois de máis de dous anos co proxecto de reforma integral do campo de fútbol de Palmés paralizado, dende o grupo municipal socialista urxirán ao executivo municipal, na próxima reunión do Consello Municipal de Deportes que terá lugar esta semana, que se poñan en marcha as obras de xeito inmediato. “Logo de 3 anos de agarda, trala mellora do proxecto inicial, e da nova habilitación de crédito precisa para a execución do mesmo, teñen que proceder a licitar, adxudicar e executar antes de que remate o ano”, incide a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez.

Todo isto, tal e como recorda a portavoz, trala recente aprobación da modificación de crédito do CMD de 683.250 euros que tivo lugar no pasado mes de maio para destinar á reforma do citado campo e das gradas do estadio de Oira. Do montante total dedicaríanse ao primero recinto deportivo arredor de 600.000 euros e ao segundo, 20.250 euros segundo o exposto polo goberno de Gonzalo Pérez Jácome.

Ademais, hai xustamente un ano, as representantes do PSdeG no Consello Municipal de Deportes requirían que o proxecto do campo de Palmés incluirá unha solución para os problemas de saneamento detectados, que o executivo local afirmaba non coñecer, así como “todas as demandas propostas pola veciñanza, o club e as diferentes formacións políticas” para que non se demorasen aínda máis as actuacións necesarias e se puidera dispoñer canto antes “dunha infraestrutura deportiva óptima e de futuro”.

0.13676905632019