Os socialistas de Ourense inician unha ronda de contactos coas institucións para coñecer as súas reivindicacións

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense mantivo no día de onte unha reunión coa delegación en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. As e os socialistas inician así unha serie de encontros de traballo co obxectivo de achegar o proxecto socialista aos diferentes estamentos da sociedade e escoitar as súas reivindicacións.
No encontro estivo presente o secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, e o secretario de vivenda da Executiva Provincial, Daniel Barredo, para compartir reflexións sobre o presente e futuro do urbanismo na provincia.
No encontro puxéronse sobre a mesa diferentes temas de relevancia, tratándose entre outros a necesidade de que a cidade conte cun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Tamén se analizaron diferentes asuntos de relevancia, tales como a rehabilitación de vivenda nos cascos históricos e no rural, fomentar políticas activas de emprego e novas infraestruturas, a relevancia de fundación laborais que aposten pola formación de nova man de obra, a casuística das vivendas turísticas e da seguridade xurídica.
As e os socialistas salientan trala reunión que “é imprescindible a colaboración entre institucións para desenvolver unha planificación territorial e habitacional, especialmente enfocada aos sectores vulnerables e á mocidade”.
O PSdeG-PSOE de Ourense e o Colexio de Arquitectos quedaron abertos a novas oportunidade de colaboración no futuro en aras de consensuar coa sociedade civil aquelas políticas públicas que, como no caso do urbanismo, constitúen a medila das competencias municipais.