Os socialistas de Ourense levarán ao Concello as demandas da Asociación de Familias Monoparentais de Galicia

OurenseXa
Advirten da falta de resposta do goberno local, que rexeitou as propostas socialistas para incluír bonos sociais destinados a estas familias na ordenanza da auga
psoe-reunion-familias-monoparentais-de-ourense
5 Nov 2025

A portavoz do PSdeG en Ourense, Natalia González, xunto co secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro e a deputada Silvia Longueira, mantivo este martes un encontro con Inmaculada Alonso, presidenta da Asociación de Familias Monoparentais de Galicia (FAGAMOS).

Durante a reunión, González destacou o seu compromiso para levar estas peticións ao Concello, especialmente ante a falta de resposta do goberno local, que rexeitou as propostas socialistas para incluír bonos sociais destinados a estas familias na ordenanza da auga.

Os socialistas subliñan a importancia de dar visibilidade ás familias monoparentais, que en Ourense suman máis de 5.000, e alertan sobre as dificultades e vulnerabilidades que enfrentan na actualidade.

⚙ Configurar cookies
0.073117971420288