Os socialistas de Ourense organizan un magosto popular aberto á cidadanía no Campo da Feira

OurenseXa
Será este venres e contará cunha actuación musical e unha cena popular
Castañas asadas
4 Nov 2025

A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebrará este venres, 7 de novembro, o seu tradicional magosto popular, unha cita aberta a toda a cidadanía que desexe participar.

A iniciativa forma parte dunha serie actividades programadas ao longo de todo este ano dende a Comisión Executiva Municipal, destinadas a achegar aos e ás ourensás ao partido e defender a cultura e tradicións da cidade.

A cita celebrarase no Campo da Feira, ao carón das instalacións de bombeiros, a partir das 20:00 horas e terá un prezo de cinco euros para adultos, mentres que os menores de 10 poderán acceder de forma gratuíta. O menú esrará composto de costela de porco, empanada, chourizos, castañas, bica, bebidas e café, e ademais haberá unha actuación musical durante a festa. As entradas poden adquirirse na sede do partido (rúa Ribeira de Canedo) ou na oficina do grupo municipal socialista (rúa da Barreira).

⚙ Configurar cookies
0.086036920547485