Os socialistas de Ourense piden ao Concello transparencia coas obras de saneamento en Coto de Canedo

OurenseXa
Piden ao Concello que reciba á veciñanza da Verea Vella, que reclama información sobre as obras previstas
psoe-obras-parque-coto-de-canedo
22 Aug 2025

O grupo municipal socialista insta ao Concello de Ourense a recibir ás comunidades de veciños da Verea Vella e ofrecerlles información detallada sobre as obras previstas para a instalación do saneamento no Parque Coto de Canedo.

A voceira socialista, Natalia González, criticou a falta de comunicación e considera “inadmisible que os veciños e veciñas da Verea Vella leven anos abonados polo Concello, sen respostar ás súas solicitudes de información, nin atender as demandas históricas e agora non teñan acceso a un proxecto que afectará ao acceso ás súas vivendas, ao saneamento dos edificios e ás zonas verdes dos bloques”.

Os socialistas reclaman que se aproveite a execución das obras para renovar tamén as redes de abastecemento e saneamento dos bloques afectados, que, segundo apuntan, levan máis de cincuenta anos sen ser substituídas. Ademais, solicitan melloras na pavimentación e accesibilidade das beirarrúas, que consideran insuficientes nunha zona onde vive unha poboación en gran medida con problemas de mobilidade. Tamén propoñen a reordenación do estacionamento para residentes e alertan de que existen recintos en risco de derrubamento polo paso de vehículos.

Noutra orde, o PSdeG pediu ao Concello que inste á empresa COPASA a tapar e asegurar a excavación existente na parcela colindante a estas vivendas. Denuncian que o burato permanece asolagado de auga, converténdose nun foco de insectos e nun problema de insalubridade para a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.15024900436401