Os socialistas esixen explicación ao PP logo de que o Senado autorizase xuzgar a Baltar por un delito contra a seguridade vial

OurenseXa
Dende o PSdeG pregúntanse o motivo polo que o partido decidiu otrogarlle o cargo de representante de Galicia no Senado pese a ser coñecedores dos feitos
manuel-baltar
Jose Manuel Barltar
Redacción Ourensexa
25 abr 2024

O pleno do senado aprobó onte retirarlle o aforamento ao senador por designación do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Barltar Blanco, para que poida ser xulgado pola sala segunda do Tribunal Supremo por conducir, presuntamente, un coche oficial da Deputación de Ourense a 215 qm/hora, sendo esta unha velocidade temeraria que pertenece a categoría de delito penal.

A votación deste asunto tratouse en segredo, como obriga o regulamento da cámara alta, estando presentes 251 senadores e senadoras, algo menos que o total dos presentos no resto das votación do día. Deles 249 votaron a favor de retirarlle o aforamento, incluidos os seus socios do PP,  sen estar o propio Baltar presenta na sala.

Tras esta decisión, o senador pasará a ser xuzgado pola Sala do Penal do Tribunal Supremo por este presunto delito cometido en 2023.

Neste escenario, os socilistas esixen ao Partido Popular que responda varios interrogantes. O primeiro, pregúntanse, é o motivo que levou ao actual presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a distinguir a Baltar como representante de Galicia no Senado o 27 de xullo de 2023, cando sabía da existencia de estos presuntos feitos, acaecidos o 23 de abril dese mismo ano.

Ademáis, cuestiónanse tamén a razón de que Alberto Núñez Feijoo, coñecendo tamén estos feitos, nomease tamén a Baltar presidente da Comisión de Despoboación e Reto Demográfico do Senado.

Os socialiastas diríxense tamén ao Partido Popular no seu conxunto

"Se dende o PP no seu conxunto consideraron que Baltar non era apto para presidir nin a Deputación de Ourense nin o PP da provincia, por qué entón é válido para representar o PP no Senado", pregúntase o senador do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.