Os socialistas ourensán salientan a importancia de reducir a precariedade e o desemprego

OurenseXa
“Somos conscientes de que esta provincia precisa dun pulo ante a falta de traballadores e traballadoras en diversos sectores”, sinalan os socialistas
psoe-uugt-ourense
O PSdeG-PSOE de Ourense aun encontro con representantes de UGT
1 Maio 2024

O PSdeG-PSOE de Ourense mantuvo un encontro con representantes de UGT para analizar a actual situación do mercado laboral e as medidas postas en marcha polo executivo que preside Pedro Sánchez. Os e as socialistas puxeron o foco na provincia e na situación que atravesa e intercambiaron impresións e liñas de traballo cos e cas representantes sindicais.

Nesta reunión de traballo estiveron presentes o senador e secretario provincial, Rafa Villarino, a deputada no Congreso,Marga Martín, a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, e o secretario comarcal de UGT Ourense, Cristóbal Medeiros. As e os socialistas poñen de manifesto a necesidade de seguir traballando para “reducir a precariedade e o desemprego, potenciar a contratación indefinida fronte a temporalidade, recuperar a negociación colectiva, apostar pola formación para traballadores e traballadoras ou potenciar mecanismos de flexibilidade interna que substitúan o despido”.

Villarino, Martín e Dacosta sinalan que “os datos a nivel estatais son bos, debido principalmente as medidas impulsadas polo executivo que encabeza Pedro Sánchez e que permitiron a subida do salario mínimo interprofesional, a posta en marcha dunha nova reforma laboral, a potenciación do emprego ou a redución da temporalidade”. Neste senso, as e os representantes socialistas no Senado, Congreso e Parlamento poñen sobre a mesa a necesidade de “seguir traballando para conseguir novas melloras e novos dereitos” e subliñan que un dos puntos a incidir “é a redución da xornada laboral”.

Con respecto a situación da provincia, as deputadas e o senador do PSdeG-PSOE de Ourense destacan que “somos conscientes de que esta provincia precisa dun pulo ante a falta de traballadores e traballadoras en diversos sectores”. Neste senso as e os socialistas propoñen un estudo en profundidade das necesidades do mercado laboral na provincia para que a oferta formativa e as cualificacións se adapten ao que demandan os sectores estratéxicos de Ourense.

Durante o encontro, Martín, Villarino e Dacosta tamén lembraron que a Xunta, co Partido Popular ao fronte “leva anos programando cursos sen analizar as potencialidades coas que conta a provincia e sen apostar por un reequilibrio territorial que faga que Ourense poida desenvolverse en igualdade de condicións que as zonas da costa”. Neste senso, as e os socialistas apuntan a que “namentres o PSOE aposta dende o Goberno central por accións que resultan beneficiosas para a meirande parte dos traballadores e traballadoras, o PP dende a Xunta fai todo o contrario, buscando o seu beneficio persoal”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense seguirán a incidir na “importancia” da reforma laboral para que o emprego que se xera sexa de calidade e cunhas condicións dignas. Tamén poñen o foco na suba do salario mínimo interprofesional, que “incidiu de maneira directa en moitos sectores da provincia”. Os e as socialistas traballarán para favorecer o emprendemento e eliminar ou simplificar as trabas burocráticas neste senso, ademais de apostar pola redución da xornada laboral semanal e mensual.

0.19604301452637