Os socialistas ourensáns organizan unha ofrenda florar na memoria de Pablo Iglesias

OurenseXa
O acto e terá lugar o mércores 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores
pablo-iglesias
Imaxe de Pablo Iglesias, fundador do PSOE
27 Abr 2024

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG organiza, o vindeiro mércores 1 de maio, nunha ofrenda floral e no xa tradicional acto, xunto á UGT e o secretario provincial do partido, diante do busto do fundador do PSOE, Pablo Iglesias Posse. Intervirán no mesmo o secretario comarcal do sindicato en Ourense, Cristóbal Medeiros, o secretario provincial dos e das socialistas, Rafael R. Villarino, e a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González.

Despois da homenaxe e reivindicación por continuar mellorando as condicións laborais da clase traballadora e reducir a fenda salarial, que terá lugar ás 10.30 horas, a agrupación municipal tamén percorrerá as rúas de Ourense na manifestación convocada para o mediodía.

“Esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar. Así como para esixir que se derruben os teitos de cristal que aínda continúan en pé”, sinalou a tamén portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense.

0.17895793914795