Os socios de ALCER contarán con descontos nos servizos de axuda no fogar

OurenseXa
ALCER vén de asinar un convenio de colaboración con Servigal para facilitar o acceso dos asociados a servizos como limpeza do fogar, aseo persoal ou acompañamento hospitalario e no fogar
Alcer Ourense e Servigal asinan un convenio de claboración
17 Xuño 2024

O presidente de ALCER Ourense, Miguel Ángel Quintas Barros, e as representantes do grupo Servigal, Rocío Nieves Montero e Érika Vázquez Constantino, asinaron este luns un convenio de colaboración que permitirá que os socios e socias de ALCER Ourense conten cun desconto nos servizos de axuda no fogar que ofrecen dende a empresa.

Este convenio facilita o acceso dos asociados aos numerosos servizos prestados como limpeza do fogar, aseo persoal, acompañamento no fogar ou hospitalario e moitos máis.

Nas persoas con enfermidade renal crónica o apoio e acompañamento son fundamentais xa que esta doenza causa, entre outros síntomas, cansancio, que é agravado no caso de tratamentos como a hemodiálise. Contar con apoio na realización das tarefas de aseo e limpeza do fogar pode ser un alivio para os e as pacientes, que adoitan precisar moito descanso entre unha sesión e outra do tratamento

A sinatura deste Convenio aporta unha ás persoas vinculadas á asociación un beneficio máis ademais dos propios que ten a entidade, xa que contando con estas colaboracións se consigue unha atención integral ás necesidades do colectivo.

ALCER Ourense é unha entidade que leva traballando polo benestar das persoas con enfermidade renal crónica en Ourense dende o ano 1982 e Grupo Servigal é unha entidade prestadora de servizos sociais que conta con varios anos de experiencia no ámbito da atención socio sanitaria en domicilios, contando cun equipo de profesionais que forman o engranaxe da mesma, aportando o asesoramento e a personalización de cada un dos servizos, para poder prestar de xeito individualizado unha calidade na atención.

0.21263909339905