Os Técnicos Superiores Sanitarios en Ourense convocan unha concentración no CHUO para esixir mellores condicións laborais

OurenseXa
A acción enmárcase dentro da folga estatal convocada polo Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios os días 30 e 31 de outubro, e 3 e 4 de novembro
ambulancias-chuo-ourense
29 Oct 2025

Os Técnicos Superiores Sanitarios do Complexo Hospitalario de Ourense concentrarase este xoves 30 de outubro ás 11:00 horas na antiga entrada principal, coñecida como o edificio Cristal, como parte da folga convocada para os días 30 e 31 de outubro, e 3 e 4 de novembro.

A convocatoria, realizada polo Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios, xurde en resposta ao que consideran unha situación laboral insostible que afecta a miles de profesionais do sector e que require medidas urxentes. Segundo o sindicato, esta mobilización busca visibilizar o deterioro das súas condicións de traballo e a falta de cumprimento dos compromisos previos por parte das autoridades.

⚙ Configurar cookies
0.070417165756226