Os traballos de conservación da AG-53 farán necesario un corte de calzada o vindeiro luns

OurenseXa
As intervencións consistirán no levantamento do taboleiro do viaduto para a reposición e recolocación de varios apoios sobre os seus estribos e pilas
Autovía Dozón-Ourense
4 sep 2024

A Xunta está a executar traballos de conservación do viaduto da autovía Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52, que farán necesario un corte de calzada o vindeiro luns, 9 de setembro.

Para levar a cabo estas actuacións será preciso cortar o tráfico, en sentido Ourense, o próximo luns. Cabe precisar que as datas inicialmente previstas para estas afeccións foron modificadas por mor dunha necesaria reprogramación das tarefas.

As intervencións consistirán no levantamento do taboleiro do viaduto para a reposición e recolocación de varios apoios sobre os seus estribos e pilas.
Para facilitar a mobilidade dos condutores habilitarase un desvío alternativo pola AG-54 e a estrada N-541.

O desvío afectará tanto ao tráfico que circule pola AG-53 en sentido Ourense como ao que circule pola AG-54 en sentido AG-53, en dirección á A-52. No primeiro caso, o corte da calzada será completo no punto quilométrico 79 da AG-53, desviando o tránsito cara á N-541 a través da AG-54. No segundo caso, o desvío será mediante o Enlace de Maside, manténdose aberta a calzada esquerda da AG-54 para os coches que se despracen en dirección Santiago.

0.18103194236755