Os veciños de A Ponte viven hoxe o seu día grande de Entroido

OurenseXa
A Asociación Frei Canedo é a encargada de organizar un dos entroidos máis especiais da cidade
Frei_Canedo
Membros da Asociación Cultural Frei Canedo
12 Feb 2024

A Asociación Frei Canedo é a encargada de organizar un dos entroidos máis especiais da cidade.

Mentres que no centro de Ourense vivíase onte á tarde o tradicional desfile de comparsas e carrozas, os veciños de A Ponte contarán hoxe co ser desfile particular.

A festa comeza xa esta mañá coa Big Band Charanga que percorrerá as rúas do barrio. Pola tarde darán comezo os solemnes actos a partir das 19:30 horas coa purificación do lugar co potafumeiro, o bautismo de novos cofrades e o sermón a cargo da súa santidade e fillos. Posteriormente, ás 20:15 horas comezará a solemne procesión polas rúas do barrio, coa presenza de comparsas e charangas. Ás 22:00 terá lugar unha cea para honrar a Frei Canedo e xa a partir das 23:30 horas haberá actuación musical a cargo da orquestra Alkar e coma de costume ás 00:00 lanzaranse os tradicionais fogos de artificio.

0.081969022750854